Benvida do portavoz

Benvidos a AUGA, a organización dos traballadores e traballadoras autónomos de Galicia que cren no seu traballo diario e na forza dun colectivo que hoxe formamos máis de 216.000 traballadores autónomos, dos cales, máis de 164.000 non teñen ningún traballador ó seu cargo e, en total, representamos case a cuarta parte da poboación activa de Galicia.

Benvidos á web da organización de autónomos que estabas esperando. AUGA é moito máis ca iso, AUGA, somos todos os autónomos de Galicia que queremos apostar por outro xeito de traballar, que somos conscientes de que para ter éxito como autónomos do século XXI e superar os cambios estructurais e económicos que nos afectan a día de hoxe, temos que estar máis unidos e máis organizados ca nunca.

Somos unha organización forte e eficaz para dotar ao colectivo de voz propia, con autónomos e autónomas coma ti, emprendedores convencidos de que só a través da unión teremos a forza suficiente para conseguir que se nos trate doutro xeito, poderemos lograr maior apoio das distintas administracións públicas, mellor acceso á financiación por parte da banca e que, en definitiva, se nos considere e valore como o que somos, arteria vital e parte esencial da economía do noso país.

Tan só co apoio dunha organización como Autónomos de Galicia, lograrás adicarte ao teu traballo como un auténtico profesional e terás máis tempo para ti e a túa familia. De todo o demais que necesitas como autónomo xa se encargan os profesionais de AUGA, sempre na busca dos mellores servizos aos mellores prezos.

Con AUGA serás máis autónomo e nós contigo seremos máis AUGA. Porque ti es AUGA, porque cada autónomo e autónoma de Galicia é unha gota de AUGA e só gota a gota faremos esta AUGA máis grande e máis forte co único obxectivo de conseguir o respeto que se nos debe como traballadores autónomos e como colectivo.

Lisardo Domínguez Rodríguez

Firma Lisardo